TICKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA 2017

Obxecto:

Subvención parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano), en réxime de concorrencia non competitiva, ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura entre o 1 de xullo 2016 e o 30 de xuño do 2017. No caso de que unha factura abranga un período que saia en parte do período subvencionable, considerarase subvencionable o custo rateado dos días incluídos nel.

Beneficiarios:

Persoas residentes en Galicia que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados e teñan un gasto derivado da subministración de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual.

Plazo de presentación: 17/01/2017 – 17/07/2017.

Requisitos:

a) Ser residentes en Galicia.
b) Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou discapacitados cun grao de discapacidade igual ou maior do 33 %.
c) Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica.
d) Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
f) Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.

Documentación

  • Documento de identidade en vigor da persoa solicitante, e do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia, ou autorización para a consulta de datos.
  • Declaración do IRPF ou, se é o caso, certificado emitido pola Axencia Tributaria relativos ó ano 2014 de todos os membros con ingresos que compoñen a unidade de convivencia, ou autorización á Consellería de Economía, Empleo e Industria.
  • No seu caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa ó tique eléctrico social de Galicia.
  • Facturas de electricidade da vivenda que é residencia habitual do solicitante da axuda, e xustificantes de pago.
  • Certificado ou volante de convivencia/empadroamento onde figuren todas as persoas que conviven no mesmo domicilio.
  • Título de familia numerosa no caso en que o título non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, o no caso en que sí fose expedido pola Xunta de Galicia e o solicitante non autorice a sua consulta.
  • De selo caso, certificado de discapacidade dalgún membro da unidade de convivencia, con grado de discapacidade maior ou igual ó 33 %, no caso en que dito certificado non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, ou no caso en que sí fose expedido pola Xunta de Galicia e o solicitante non autorice a sua consulta.

Solicitudes

As solicitudes deberán presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=IN&codProc=414A&procedemento=IN414A) ou desde a ligazón https://ticketelectrico.xunta.gal.

No suposto de que o peticionario non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, a súa identificación ou autenticación poderá ser validamente realizada por un empregado público, mediante o uso do sistema de sinatura electrónica de que estea dotado. Para estes efectos, o peticionario poderá dirixirse ás oficinas de calquera das catro xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, así como á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para que lle fagan a solicitude.

Normativa:

Orde do 22 de decembro de 2016 (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2017).

Autor: Xunta de Galicia

Por |2017-01-23T10:44:03+00:0017, enero, 2017|Noticias|

Acerca del autor:

6 Comments

  1. LETICIA RODRIGUEZ GOMEZ 18/01/2018 en 6:59 pm - Responder

    Hola.Se sabe cuándo sale la ayuda del 2018?

    • Agafan Sede 19/01/2018 en 10:17 am - Responder

      Buenos días Leticia. Estas ayudas se convocan dependiendo del presupuesto anual. Esperemos que este año también la convoquen pero todavía no hay fecha. Si hay alguna novedad la publicaremos y le daremos la debida difusión. Saludos cordiales. AGAFAN.

  2. LETICIA RODRIGUEZ GOMEZ 22/01/2018 en 4:23 pm - Responder

    Gracias!

  3. M.Rod. 11/02/2018 en 3:08 am - Responder

    Espero se publique aquí, en cuanto lo sepan. Gracias

    • Agafan Sede 12/02/2018 en 11:51 am - Responder

      Buenos días. Por supuesto, os mantendremos informados. Cualquier novedad de interés para las familias lo publicamos en nuestra web y redes sociales y si además es socio le enviamos a través de newsletter semanal. Un cordial saludo.

  4. Leti 22/07/2018 en 11:41 pm - Responder

    Hola. Se sabe algo del ticket El eléctrico 2018?

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies