O obxeto de estas axudas é subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).
Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo 2015 e o 30 de xuño de 2016.

Beneficiarios:

As persoas residentes en Galicia que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados e teñan un gasto derivado do subministro de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual

Requisitos:

1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou discapacitados con un grado de discapacidade igual ou maior ao 33 %.
3. Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica.
4. Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano). Considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2014 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do imposto sobre a renda no 2014, para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2014.
5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións.
6. Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.

Presentación :

Prazo de presentación: 15/01/2016 – 31/07/2016.

Soamente poderán presentarse as solicitudes de forma electrónica . Formulario Aqui

No caso de non ter capacidade técnica ou económica,  a súa identificación ou autenticación poderá ser validamente realizada por un empregado público. Para estes efectos, o solicitante poderá dirixirse a calquiera das 4  oficinas territoriales de la Consellería de Economía e Industria, así como la Dirección Xeral de Enerxía e Minas para a tramitación da  solicitude.

Ver toda a información ao respecto AQUI