ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LENGUAS EXTRANJERAS 2023 PARA ALUMNADO DE CENTROS SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS EN GALICIA

Obxeto: Axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación en linguas estranxeiras do alumnado que cursou no 2021/22 e/ou que cursa no 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia. Convócanse un total de 643 axudas: – 491 axudas previstas e non realizadas no ano 2022 (inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal), establecidas na orde desta consellería, do 11 de xaneiro de 2022  (prazas de cota de reserva). – 152 axudas para a cota xeral. Nesta convocatoria, no caso de que queden prazas vacantes da cota de reserva, estas acumularanse ás prazas da cota xeral. Actividades de formación convocadas . 1. As actividades que se convocan son de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras. 2. O período de realización comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2023, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. 3. A xestión e organización das actividades levarase a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Estas empresas ocuparanse de ofrecer os recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación dunha póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes. As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas. 4. O custo total de cada actividade inclúe: a) No caso das actividades que se van realizar, os gastos da viaxe desde [...]