O PP E AGAFAN PRESENTAN UNHAS PROPOSTAS PARA AS FAMILIAS NUMEROSAS DE POIO

Comparte este contenido. ¡Elige plataforma!
  • O presidente do PP e candidato á alcaldía Ángel Moldes reuniuse coa directiva da Asociación Galega de Familias Numerosas e comprometeuse a conxunto de medidas para axudar as máis de 200 familias que forman parte deste colectivo no Concello.
  • As propostas inclúen bonificacións no IBI, reduccións nas taxas e prezos públicos, a aplicación do criterio de renda per cápita para a concesión de axudas e outras medidas para garantir a igualdade real destas familias tan importantes para o futuro da nosa sociedade e de Poio.
  • Os populares recordan a situación das familias de Poio en xeral, con impostos abusivos e unha gran carencia de servizos e infraestruturas, que sufren especialmente os fogares con máis membros e destacan que estas propostas son a maiores das medidas para aforrar 400.000 euros e garantir servizos e infraestruturas básicas a todas as familias de Poio.
  • O presidente e vicepresidente de AGAFAN agradecen o compromiso do PP de Poio coas familias numerosas, subliñando que, fronte á idea xeralizada, a maioría destas familias teñen moitos problemas para chegar a fin de mes, e destacan que actualmente en Poio, a diferenza da maioría de concellos de todas as cores políticas non hai ningunha medida nin bonificación para axudar ás familias numerosas.

Poio, 4 de febreiro de 2019. O voceiro do PP de Poio Ángel Moldes reuniuse este luns na sede local da formación coa directiva da Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN) para presentarlles o compromiso do Partido Popular para coas familias en xeral e especialmente para axudar a estas familias, que segundo datos oficiais da Xunta suman un total de 212 familias numerosas en Poio (195 de carácter xeral –a partir de 3 fillos ou 2 fillos, un deles con discapacidade-; e 17 familias de de carácter especial, isto é, máis de 4 fillos se un ten discapacidade, ou dous fillos con discapacidade, ou segundo outras circunstancias familiiares e de renda).

Moldes, acompañado da concelleira Rocío Cochón, mantivo un encontro de traballo co presidente de AGAFAN, Luis Sánchez e o vicepresidente José Manuel Trigo para presentarlles o compromiso específico do Partido Popular en caso de que os veciños dean a esta formación a confianza para gobernar a partir do 26 de maio.

En declaracións posteriores á reunión, Moldes  destacou a importancia das familias, e en particular as numerosas, ante o reto demográfico, como garantía do sostemento dos servizos públicos, das pensións ou de moitos núcleos de poboación, ante o reto demográfico que afronta Galicia de forma especial. Moldes recordou que as familias numerosas ademais funcionan como motor da economía local, xa que precisan, por exemplo, vivendas e vehículos máis grandes, e un gasto maior en alimentación, ensino, roupa… ademais de aportar un capital social e humano fundamental á sociedade.

Moldes recalcou que, pese a ideas preconcebidas que buscan relacionar ás familias numerosas cun colectivo de alto poder adquisitivo, o certo é que as familias numerosas hoxe inclúen numerosas circunstancias e moitos modelos de convivencia, que necesitan medidas e axudas, das que en Poio o goberno de Luciano Sobral non aplica ningunha.

As medidas comprometidas polo PP inclúen

  • facer de Poio un concello familiar, con políticas encamiñadas a facer que sexa un lugar no que queiran establecerse e facer a súa vida as familias.
  • Implantar o criterio de “renda per capita” de forma transversal nas convocatorias de axudas, bolsas e outros beneficios sociais, un concello máis xusto que umbrais absolutos, e que beneficiará non só ás familias numerosas, senón a todos os fogares con especiais necesidades económicas.
  • Creación e Mantemento dun rexistro de Familias Numerosas.
  • Incluir bonificacións potestativas no IBI –actualmente en Poio non hai ningunha-e Bonificar o IBI da vivenda habitual un 40% ás familias numerosas, unha bonificación que aumentará de forma progresiva, con bonificacións adicionais por cada fillo adicional e por situacións de discapacidade dentro da unidade familiar.
  • Reduccións nas taxas de recollida de lixo e subministro de auga –dentro das reduccións que quere imprantar o PP nestes recibos- e ademais, condicións especiais para a utilización do ximnasio municipal, de instalacións e outros prezos públicos.
  • Mellorar e ampliar as zonas de lecer, como parques e zonas de xogos, e mellorar a programación de actividades infantís e familiares en todo o concello.
  • Mellorar a mobilidade, incluída a implantación progresiva de prazas de aparcadoiro para familias e embarazadas dentro da mellora da mobilidade e do estacionamento que o PP propón para todo Poio.

A continuación tomaron a palabra os representantes de AGAFAN. O presidente Luis Sánchez agradeceu o compromiso do PP de Poio e a intención de Ángel Moldes de implantar medidas de apoio ás familias nun concello onde estas brillan pola súa ausencia, pese a que son aplicadas con éxito na maioría de concellos da nosa contorna e en toda Galicia, con gobernos municipais de todas as cores políticas.

Sánchez recalcou a importancia das Familias Numerosas para o futuro da sociedade, xa que garanten as pensións, a sostibilidade financieira do sistema, dos servizos e prestacións, e a cambio estas familias fan un gran esforzo económico e persoal.

Ademais, xunto co vicepresidente José Manuel Trigo, os representantes de AGAFAN quixeron obxectar ás ideas preconcebidas de moitos, e recordaron que, segundo estudos oficiais a maioría das Familias numerosas en Galicia e en toda España chegan con dificultade a fin de mes.

Así, segundo a última enquisa da Federación Española de Familias Numerosas, por exemplo, a metade das familias numerosas de España viven en niveles cercanos á pobreza, e máis dun 70% declara non chegar ou chegar con moita dificultade a fin de mes, polo que agradeceron o compromiso de Moldes.

Moldes sellou este compromiso asinando xunto ao presidente de Agafan un documento coas medidas, cua cualificou de medidas xustas, realistas e necesarias que aplicará inmediatamente se os veciños lle dan a súa confianza a partir do 26 de maio.

DOCUMENTO PP POIO AGAFAN. 04/02/2019

reunion PP Poio AGAFAN SinaturaAngel

reunion PP Poio AGAFAN Compromiso

reunion PP Poio AGAFAN SinaturaPresAgafan02

Foto. Luis Sánchez, presidente de AGAFAN e Ángel Modes andidato á alcaldía polo PP firma o compromiso de apoio ás familias numerosas de Poio.  

Cualquier aclaración que puedas necesitar no dudes en contactar con nosotros

Teléfono: 881 924 774

agafan@agafan.org

Ir al contenido