REUNÍMONOS CO CANDIDATO Á ALCALDÍA DA CORUÑA POLO BNG PARA PROPOÑER MELLORAS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS CORUÑESAS

Comparte este contenido. ¡Elige plataforma!

A Coruña, 5 de decembro 2018.

Reunímonos esta mañá na nosa sede da Coruña para trasladar as demandas das familias numerosas, con Francisco Jorquera, candidato á alcaldía polo BNG nas eleccións municipais do ano que ven, Avia Veira, actual Portavoz municipal, e tamén candidata, neste caso número 2 e o responsábel Local da organización na nosa cidade, Manuel Fco. Méndez. Por parte da asociación estiveron presentes Luís Sánchez e José Manuel Trigo, presidente e vicepresidente de AGAFAN.

Dende a asociación puxemos sobre a mesa as demandas do colectivo e propuxemos melloras para as 2.305 familias numerosas que hai na cidade da Coruña, das cales 2.121 son de categoría xeral (3 ó 4 fillos) e 184 de categoría especial (5 fillos ou máis). Demandas que enviamos  a todos os partidos políticos e concellos de Galicia. Aproveitamos para facer unha radiografía destes fogares (1) e falar sobre a contribución do colectivo ao desenvolvemento local, tanto económico como social da cidade, achegando poboación activa. Aspecto que cobra especial importancia no contexto actual de crise demográfica.

Pola súa banda, Jorquera declarou tamén a súa preocupación polos datos demográficos e mostrou o seu apoio ás nosas propostas. Exemplo diso é que en 2016 e a petición do seu grupo, propuxeron un incremento nas bonificacións do IBI para as familias numerosas. e que permitido acceder ata un 90% de desconto segundo renda per cápita no imposto.

Tamén indicou a proposta do BNG de ampliación na gratuidade no transporte público urbano ata os 16 anos. Unha medida que sen dúbida terá unha gran repercusión económica nos fogares de familias numerosas, usuarios habituais deste servizo.

(1) Radiografía das familias numerosas en España

Segundo o último estudo presentado pola FEFN, en o económico, confírmase que as familias numerosas viven ao día. E é que ou 38% dás familias numerosasfogares compostos por un mínimo de 5 persoas- non supera vos 2.500 euros ao mes e outro 10% ingresa mensualmente menos de 1.200 euros. Por iso, case a metade delas, ou 49%, asegura que » chega xusto a fin de mes» e 1 de cada 4 (ou 24%) recoñece que vos seus ingresos non lle alcanzan para cubrir todos vos gastos mensuais e ver obrigado a «percorrer aos aforros ou mesmo a pedir algún préstamo puntual».

Fonte: AGAFAN

Cualquier aclaración que puedas necesitar no dudes en contactar con nosotros

Teléfono: 881 924 774

agafan@agafan.org

Ir al contenido