O bono alugueiro, de marcado carácter social, diríxese a prestar un apoio urxente e inmediato ás unidades de convivencia que necesiten unha axuda para afrontar o pagamento das rendas derivadas do alugueiro da súa vivenda habitual, respecto da cal xa fora ditada a oportuna resolución xudicial de terminación dun procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas, ou no caso de que o desafiuzamento fose executado, a prestar unha axuda respecto un novo contrato de alugueiro.

O pasado 28 de Agosto foi publicado no DOG  as bases para solicitar a subvención correspondente.

Obxeto da Subvención :

Atender con carácter urxente ás unidades de convivencia que precisen, por estar inmersas en situacións de especial dificultade, dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, paliando deste xeito os efectos derivados dunha resolución xudicial ditada nun procedemento xudicial de desafiuzamento por non pagamento das rendas da súa vivenda habitual ou, se é o caso, evitando o lanzamento efectivo desta.

Requisitos das persoas beneficiarias:

Ter sido parte como arrendatario, dun procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas, derivado dun contrato de arrendamento de duración non inferior a 2 meses.

Que non pasaran 3 meses dende a terminación de procedemento de desafiuzamento e a presentación da solicitude.

Residir en Galicia ó menos os 12 meses anteriores a realizar a solicitude

Non poden ser arrendatarias de vivendas xestionadas por lo IGVS

Contía da Axuda:

150€ mensuais. Cada unidade de convivencia só poderá recibir ata un máximo de 12 bonos.

Solicitude:

Plazo:   Del 29/08/2015 al 30/11/2015

Presentación: Preferible vía electrónica, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)  o descargar AQUI

Ver  DOG 

Ampliar la  información AQUI