libros textoA Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2015/16.

Requisitos:

Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado.

Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a  max. 9.000 euros.

Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/15.

Prazo de presentación de solicitudes:

  1. a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: 1 de xullo de 2015
  2. b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.
  3. c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.

Modelo de solicitude  AQUI 

Máis información AQUI 

DOGA