Axuda a Natalidade: Tarxeta Benvida

Comparte este contenido. ¡Elige plataforma!

A partir do 1 de Xaneiro poderase solicitar a Tarxeta Benvida, que consiste nunha axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un fillo/a ou adopten un neno ou nena menor dun ano.

Beneficiarios:

Os beneficiarias desta axuda serán aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.

Requisitos:

Será requisito necesario para a concesión desta axuda:
a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderanse requirir para que presenten a documentación complementaria que o demostre.
b) Que a renda da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, da declaración do IRPF do ano 2014 non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida entre o número de membros da unidade familiar, non deberá superar os 13.500 €.
Nos casos en que non se teña realizado a declaración do IRPF do ano 2014, os ingresos serán os que resulten dos datos que consten en poder da AEAT.

Presentación:

Prazo de presentación : Aberto todo o ano.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento.

Pódese tramitar a solicitude  on-line AQUI   ou de maneira presencial  (Descargar solicitude)

Documentación:

Ás solicitudes  xuntarase a seguinte documentación:

a) Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, as certificacións correspondentes expedidas polo Rexistro Civil.
b) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción, só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando se trate de adopcións non formalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
d) Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante, de ser o caso.
e) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
f) Copia do DNI ou NIE da persoa proxenitora que non apareza como solicitante das axudas, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
g) Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa solicitante e da proxenitora que non apareza como solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Na solicitude (anexo I) deberá figurar, con carácter obrigatorio, un teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta benvida. A activación será efectiva únicamente desde o número de móbil que se faga constar na solicitude.
No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, a persoa solicitante deberá presentar unha copia dixitalizada dos documentos necesarios indicados nos puntos anteriores.

Máis información AQUI

Cualquier aclaración que puedas necesitar no dudes en contactar con nosotros

Teléfono: 881 924 774

agafan@agafan.org

Ir al contenido