ninos_cuadernos

Convocadas as axudas,  para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2015.

Plazo de presentación:

17/03/2015 – 16/04/2015.

Beneficiarios:

Pais, nais ou titores legais, no caso do alumnado menor de idade ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que teñan o seu domicilio en Galicia.

Requisitos:

a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de Bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014/15, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14.
c) Ter acadado no curso 2013/14 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en adiante DNI), número de identidade de estranxeiro (en adiante NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de DNI, farase constar, como DNI identificativo, o DNI do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

Enlaces:

Toda a información AQUÍ

DOGA: 

SOLICITUDE